|
Escrito por Administrator
|
|
miércoles, 30 de enero de 2008 |
|
Durante a hora e media de caceirolada corearonse distintas consignas como: “Copiar, pegar, poder modificar”, “Amancio Ortera , copia e pega”, “Todos e todas somos creadoras”, “Ahí está a cova de Aalíbabá”, “Copyleft, cultura libre”, “Nos somos piratas, vos sodes ladróns”… Tamén son de destacar os ánimos persoais cos que eran recibidos os asistentes ao acto que ían chegando en taxi, coche de luxo e incluso en autobús. Así, nin as inclemencias metereolóxicas, nin a abundante presenza policial puideron empañar esta protesta que non foi un feito isolado, senon que é o comezo dunha relación desta cidade coa SGAE, porque pensamos seguir berrando ben alto en defensa dunha cultura libre. Ata a vindeira ocasión e grazas a tod@s por participar!! |